Entra en funcionamento o novo servizo de pediatría no Centro de Saúde de Pereiro de Aguiar

O novo servizo de Atención de Pediatría no Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar xa está funcionar. O servizo préstase un día a semana, os xoves polas tardes, pero con opción de ampliar a frecuencia segundo a demanda e o aumento de novas tarxetas sanitarias adscritas, tal e como confirmaron dende o propio Concello.
O servizo é unha extensión do que actualmente se presta no Centro de Saúde Valle Inclán, en Ourense, polo os nenos e nenas de Pereiro de Aguiar que teñen designado o seu pediatra nese centro poderán solicitar cita no Pereiro sen necesidade de facer cambios administrativos e, ademais, poderán elixir en cada momento o centro que mellor se axuste ás necesidades das familias, segundo a dispoñibilidade de citas. Isto quere dicir que, aquelas familias que o prefiran, poderán seguir acudindo ao Centro de Saúde de Valle Inclán para levar aos pequenos ao pediatra.
A opción de solicitude de citas de pediatría para o Centro de Saúde do Pereiro de Aguiar aínda non está dispoñible na aplicación de internet de Cita de Atención Primaria do Sergas, segundo informan dende o Concello, polo que ata o de agora, as citas deberán pedirse de forma presencial en calquera dos dous centros ou por teléfono.