Esgos contará cunha ampla programación de actividades durante o mes de agosto

OurenseXa
Obradoiros de ximnasia e autocoidado, contacontos e cine na rúa serán algunhas das actividades que o Concello de Esgos ofrecerá á veciñanza durante o mes de agosto
Quedada BTT en Esgos
30 Xul 2024

O Concello de Esgos vén de anunciar a programación de actividades previstas para o mes de agosto, entre as que se atopan obradoiros de ximnasia e autocoidado, contacontos ou cine na rúa.

Programa de verán do Concello de Esgos

  • Obradoiros de ximnasia e autocoidado: o 7 de agosto de 10:00 a 12:00 horas no Centro Cultural Parada Justel e o 14 de agosto de 10:00 a 12:00 horas no local social Rezomilo (Vilar)
  • Feira agroambiental do Pinto: sábado 10 de agosto
  • Contacontos e obradoiro creativo "Contos en construción" o 12 de agosto ás 11:30 horas
  • Obradoiro de autodefensa para mulleres o 13 de agosto ás 11:00 horas no Centro Cultural Parada Justel
  • Cine: '+cuñados'. 20 de agosto ás 22:00 horas na praza da Souteira (Esgos)
  • Xincana literaria para a mocidade o 21 de agosto ás 11:00 horas na biblioteca municipal
    Festa do emigrante o xoves 22 de agosto
0.078143119812012