Esgos continúa en setembro coas xornadas para a prevención da dependencia

O Concello de Esgos continúa no mes de setembro coas xornadas para a prevención da dependencia enmarcadas no Programa de Emprego MANCOXOVE VI .
As actividades, abertas a toda a poboación interesada en participar, teñen como obxectivo a prevención da dependencia física e o deterioro cognitivo a través de obradoiros para activar a mente.
O programa de setembro inclúe un obradoiro no centro cultural Parada Justel para a xornada deste martes, 3 de setembro, e outro no no local da asociación Rezomilo, previsto para o vindeiro xoves 12 de setembro. As persoas interesadas poderán anotarse de forma totalmente gratuita nos servizos sociais do Concello de Esgos.