Esgos prepárase para festexar o Entroido de 2025

O Concello de Esgos xa ten preparado o programa completo para o Entroido de 2025, que comezará o vindeiro venres, 28 de febreiro, cun obradoiro de fabricación de coresmas na Biblioteca Municipal.
A principal novidade deste ano e que o Concello decidiu suprimir o concurso de disfraces e, no seu lugar, organiza unha xuntanza de Entroido que terá lugar o sábado 1 de marzo ás 17.00 horas na Praza do Afiador, con chocolatada para as persoas disfrazadas.
Como é tradición, o día grande será o domingo, 2 de marzo, cando os Felos e as Madamas percorrerán as principais vilas do contorna. Os horarios serán os seguintes:
- 09:30 horas. Saída de Esgos
- 09:40 horas. Alto do Couso
- 10:00 horas. Tarreirigo
- 10:15 horas. Vilar
- 11:15 horas. Lobaces
- 12:00 horas. Loña
- 12:45 horas. Gomariz
- 13:30 horas. Cernada
- 13:45 horas. Quinta do Monte
- 14:30 horas. Melón Alto
- 15:30 horas. Melón de Abaixo
- 16:15 horas. As Meiroás
- 16:45 horas. Fondodevila - Casanova
- 17:30 horas. Pardeconde
- 18:00 horas. Pardeconde (Xunqueira)
- 18:40 horas. Paradela
Para continuar co programa, o luns 3 de marzo haberá un ensaio da “coresmiña”, mentres que o mércores, 5 de marzo, durante a noite, será o momento de poñer e intercambiar as coresmas.