Estabilizado o incendio forestal do Concello de San Cristovo de Cea

OurenseXa
Para o seu control mobilizáronse 3 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 8 avións e 8 helicópteros
San-Cristovo-de-Cea-incendio
21 Aug 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do Concello de San Cristovo de Cea, na parroquia de Oseira, xa está estabilizado.

O lume iniciouse ás 16,24 horas da tarde deste martes, 20 de agosto, e segundo as primeiras estimacións afectaba unha superficie de 20 ha, acabando por afectar 40 ha.

Para o seu control mobilizáronse 3 técnicos, 9 axentes, 14 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 8 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17859506607056