'Estudios Abertos' chega por primera vez a Ourense da man da Asociación Cultural A Maquinadora

OurenseXa
Estudios Abertos abrirá por primeira vez as portas aos estudios de artista de Ourense e das súas proximidades os próximos días 25, 26 e 27 de outubro
Presentación de Estudios Abiertos Ourense
Imaxe da presentación de Estudios Abiertos Ourense
4 Out 2024

Estudios Abertos abrirá por primeira vez as portas aos estudios de artista de Ourense e das súas proximidades os próximos días 25, 26 e 27 de outubro. Esta iniciativa é un proxecto da Asociación Cultural A Maquinadora, impulsada por exalumos e exalumnas de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa Ourense, e conta coa colaboración de Cultura de Galicia , CIFP A Farixa , o Concello de Coles, Taboadela e Concello de Vilamarín, así como o patrocinio privado de Fina Rei artesáns reposteiros.

Ademais, explican desde a organización “Estudios Abertos Ourense faise coa xenerosidade e a implicación de artistas e establementos colaboradores”

Nesta primeira edición, Estudios Abiertos contará con 14 espazos e máis de 25 artistas, entre os que se atopan algunhas figuras tan destacadas como o celanovés Baldomero Moreiras.

“Esta primeira edición ofrece unha experiencia profundamente diversa, na que conflúen propostas que abranguen distintas xeracións, etapas e formas de expresión da arte contemporánea e das artes plásticas”, explican os promotores desta iniciativa.

0.16459202766418