Gonzalo Pérez Jácome cualifica de "absolutamente histórica" a entrada de DO no Parlamento Galego
O líder de Democracia Ourensna, Gonzalo Pérez Jácome, celebrou a entrada do seu partido no Parlamento Galego, que estará representado polo cabeza de lista da formación, Armando Ojea.
O alcalde de Ourense agradeceu o apoio aos seus votantes e cualificou esta victoria de “absolutamente histórica”, lembrando que nin Vox, nin Sumar, nin Ciudadanos no seu momento, conseguisen o que onte conseguiu o seu partido. “Estamos ante algo histórico e tremendamente meritorio", sinalou.
"Está a ocorrernos o mesmo que en 2011. No concello entramos só dous. A miña nai díxome que iamos estar rosmando e tiña razón, pero eses catro anos cambiárono todo, porque de dous pasamos a oito e despois conseguimos a alcaldía”, lembrou.
Na súa declaración tras coñecer os resultados, Jácome advertiu que o seu partido vai estar " rosmando catro anos" e que o seu obxectivo principal é darlle voz a Ourense. “Isto cámbiao todo, non mañá pero Ourense deixou de ser a Cincenta neste conto, imos poñernos nunha loita que é David contra Goliat, xa non esperamos o zapatito. Imos a unha loita", apuntou.
Á hora de valorar os resultados xerais, Jácome sinalou directamente ao BNG e ao PSdeG como os “culpables” do fracaso do bloque de esquerdas nestes comicios. “Quen non fixo o seu traballo foi o BNG e especialmente o PSOE, que se esborrallou. O bloque da esquerda non cumpriu", asegura.