Henry Méndez acturá hoxe na Rúa do Progreso

O Entroido ourensán continúa cos seus festexos este domingo, cando está previsto que o artista portorriqueño, Henry Méndez, actúe na capital termal. O evento celebrarse ás 20.30 horas no Progreso.
O cantante e compositor convertiuse en 2013 nun dos artistas máis vendidos do mundo grazas ao seu single “Mi reina”, que foi número 1 en Spotify e iTunes e sobrepasou os 10 millóns de reproducción en Youtube en apenas tres meses.
O concerto celebrarase unha vez rematado o desfile do Entroido e a entrega de premios do concurso de comparsas e carrozas, previsto para as 20.00 horas da tarde.