Ignasi Taltavull e Tomás Fuentes regresarán a Ourense co seu espectáculo ‘La Ruína’

O espectáculo ‘La Ruina’ regresa ao Auditorio Municipal de Ourense o vindeiro 2 de maio. O show, conducido por Ignasi Taltavull e Tomás Fuentes volven unha vez máis ao escenario ourensán logo do gran éxito acadado en marzo do ano pasado.
Neste espectáculo, tanto asistentes como convidados especiais comparten en público a súa anécdota máis embarazosa: aquela vez que a súa parella deixoulles por whatsapp, cando se durmiron nunha reunión importante, un malentendido cun taxista… A típica anécdota que os amigos sempre piden que contes nas ceas.
Os cómicos e guionistas Ignasi Taltavull e Tomàs Fuentes conducen o show, acompañados dun invitado que lles axudará a comentar as anécdotas desa noite. Polos micros de ‘La Ruína’ pasaron a compartir a súa miseria xente como Berto Romero, Facu Díaz, Marc Virou, etc.