Ináugurase no Pazo Provincial de Ourense unha exposición sobre a arte cubana

OurenseXa
A mostra “Aquí e agora” reúne as obras dos artistas Ariansis Reyes e Frank González, destacando o vínculo entre a emigración e a integración cultural
Exposición cuba Ourense
2 Jan 2025

O Pazo Provincial de Ourense acolle desde hoxe a exposición Aquí e agora, unha mostra que trae a esencia de Cuba ás paredes da Deputación grazas ás obras dos artistas Ariansis Reyes e Frank Elia González.

O presidente provincial, Luis Menor, inaugurou a exposición acompañado dos artistas e do director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González. Durante o acto, Menor destacou que a mostra “reflicte o carácter emigrante da nosa provincia, que agora acolle persoas como antes foron acollidos os nosos pais e avós. Desde a Deputación, estamos encantados de visibilizar a súa arte e a súa realidade”.

Ariansis Reyes e Frank González, ambos naturais de Manzanillo (Cuba) e formados na Academia Profesional de Artes Plásticas “Carlos Enrique Gómez”, presentan obras cun enfoque persoal e introspectivo. Ariansis utiliza as súas pinturas como terapia para expresar emocións e criticar normas sociais, mentres que Frank desenvolve unha identidade artística baseada na memoria e na súa contorna.

A exposición estará dispoñible na planta principal do Pazo Provincial, onde a Deputación continúa a apostar pola promoción da creatividade artística e o intercambio cultural.

0.16436290740967