Izan Justo, o veciño de Barbadás que gañou o primeiro premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide
Izan Justo Calviño, acordeonista de 11 anos, alumno do Colexio Filomena Dato da Valenzá e veciño de Barbadás, gañou o pasado sábado, 6 de abril, o primeiro premio do V Concurso de Interpretación Mestre Vide, na categoría C.
Izan comezou a aprendizaxe do acordeón aos 5 anos, co profesor Iván Carballo Cortés. Dende entón segue co devandito profesor na escola de música da Asociación Música e Cultura de Galicia e no Conservatorio Profesional de Ourense, coa profesora Celia Adrián Rodríguez, da que recibe clases dende que entrou con 8 anos.
Este non é o único galardón que rebiu Izan ao longo da súa curta inda que moi exitosa taxectoria. Entre os diversos premios logrados por este neno de tan só 11 anos atópanse o primeiro premio do Concurso Aris del Puerto do ano 2022 e 2023, e o Premio Mestre Vide do III Concurso de Interpretación Mestre Vide no ano 2022. Ademais, quedou finalista no mesmo concurso de 2023.