Jácome asumirá a xestión da área de Avogacía Consistorial do Concello de Ourense

OurenseXa
Os concelleiros José Ignacio González, Antonio Fernández e Ana Fernández intercambian competencias dende este luns
Concello de Ourense
Concello de Ourense
24 Mar 2025

Os concelleiros José Ignacio González Pérez, Antonio Fernández Martín e Ana Fernández Nieto intercambian desde hoxe competencias dentro do goberno municipal. Así, González Pérez estará á fronte de Seguridade Cidadá, área que agrupa os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, e Fernández Martín asumirá Participación Cidadá e Contratación, competencias que compatibilizará coas de Administración Xeral e Loxística, que xa xestiona na actualidade. Ana Fernández Nieto asumirá pola súa banda as atribucións da área de Transporte Público e Mobilidade.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinará esta mañá o decreto no que ordena estas delegacións de competencias nos concelleiros, que serán efectivas desde o día de hoxe. O rexedor asumirá a xestión da área de Avogacía Consistorial.

⚙ Configurar cookies
0.040696859359741