José Sacristán subirase esta semana ao escenario do Teatro Principal de Ourense coa función ‘La colección’
OurenseXa
Terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro
Cartel 'La Colección'
20 Jan 2025
José Sacristán, Ana Marzoa, Ignacio Jiménez e Zaira Montes protagonizarán a obra 'La Colección' no Teatro Principal de Ourense o vindeiro 24 de xaneiro.
Baixo a dirección de Miguel Cuerdo e cun texto escrito por Juan Mayorga, a peza narra a historia dun matrimonio sen fillos que dedicou gran parte da súa vida a reunir unha valiosa colección. Agora, ante a chegada da vellez, enfróntanse ao desafío de atopar un herdeiro para o seu legado.
La Colección ofrece unha profunda reflexión sobre o paso do tempo, a vida matrimonial e o vínculo emocional entre as persoas e os obxectos que as rodean.