Juan Diego Botto traerá a Ourense a súa nova función ‘14.4’

OurenseXa
A función terá lugar o vindeiro 18 de xaneiro no Teatro Principal
cartel-14.4
8 Jan 2025

A obra 14.4, escrita por Juan Diego Botto e dirixida por Sergio Peris-Mencheta, chegará ao Teatro Principal de Ourense o vindeiro 18 de xaneiro.

Protagonizada por Ahmed Younoussi, a peza conta a historia de Ahmed, un neno que, tras fuxir do maltrato familiar, comeza a vivir nas rúas de Tánxer. Neste escenario, marcado polas vivencias da cidade portuaria, Ahmed afronta aventuras, soños e desventuras, sempre impulsado por unha obsesión: cruzar a España. Para el, España representa un paraíso terrenal, o destino definitivo, a súa Ítaca persoal.

Con tan só 9 anos, Ahmed consegue chegar á península oculto nos baixos dun camión. Porén, o que atopa nesta "terra prometida" é unha nova odisea, moi diferente á que imaxinaba, aínda que chea de humor, aventuras, redes de solidariedade e xiros inesperados

0.18335390090942