Juanjo Lamelas presentará en Celanova o seu novo libro ‘O Meigallo dos soños’
A Casa dos Poetas de Celanova acolle este mércores, día 4 de decembro de 2024, ás 19.30 horas, a presentación de “O meigallo dos soños” de Juanjo Lamelas, a súa derradeira publicación galardoada co IX Premio Balbino de relatos. Trátase dunha obra na que se mesturan historias de labregos e mariñeiros, de emigrantes, de afiadores e músicos, de mulleres de inusitada forza.
Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946, diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en CC Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo profesor no CEIP Curros Enríquez de Celanova, do cal foi director durante varios anos.