'La Habitación Roja' chega este venres a Ourense

O cuarteto valenciano 'La Habitación Roja' chega a Ourense este venres, 14 de febreiro, para presentar o seu último traballo, 'Crear', nunha xira que os levará tamén á sala Garufa da Coruña. O grupo subirase ao escenario do Teatro Principal de Ourense parta tocar algúns dos seus temas máis coñecidos como 'Indestructibles', 'Héroes', 'Ayer' ou 'Las olas'.
O grupo formado por Jorge Martí (voz e guitarras), José Marco (batería), Pau Roca (guitarras) y Marc Greenwood (baixo) en 1994 suma xa 14 discos ás súas costas e, grazas ao seu estilo pop rock alternativo e atemporal están recoñecidos como unha das bandas máis lonxevas e singulares do seu xénero.
O concerto forma parte da programación cultural do Teatro Principal de Ourense para o mes de febreiro, que continuará o sábado coa obra teatral ‘En mitad de tanto fuego’.