Licitada por máis de 108.000 euros a adquisición dun novo equipo cirúrxico para o CHUO

OurenseXa
Trátase dun equipo de autoflorescencia para cirurxía endocrina cervical que permite identificar en tempo real o tecido paratiroideo e proporcionar aos cirurxiáns información valiosa que pode axudar a preservar o tecido san
chuo_ciruxia_robotica
15 Apr 2025

O Portal de Contratos Públicos de Galicia recolle a publicación do contrato de adquisición dun equipo de autofluorescencia para cirurxía endocrina cervical destinado ao servizo de cirurxía xeral do Hospital Universitario de Ourense. O importe de licitación ascende a 108.900 euros.

As empresas interesadas en participar neste procedemento da Consellería de Sanidade teñen de prazo ata o vindeiro 6 de maio para presentar as súas ofertas.

Esta licitación responde á necesidade de dotar este hospital da rede do Servizo Galego de Saúde dun equipo por autofluorescencia para a cirurxía de tiroides e paratiroides co obxecto de identificar en tempo real o tecido paratiroideo durante a cirurxía e proporcionar aos cirurxiáns información valiosa que pode axudar a preservar o tecido san ou a eliminar o tecido enfermo, nunha contorna de seguridade intraoperatoria e procurando diminuír as consecuencias posteriores.

O presente contrato recolle o subministro, a instalación e posta en funcionamento efectiva do equipo. Así mesmo, a empresa adxudicataria ofrecerá programa de formación para o persoal no manexo do novo equipo.

⚙ Configurar cookies
0.16792297363281