Luis Menor propón facer de Ourense a primeira provincia nacional de acollida ao autónomo

OurenseXa
O presidente da Deputación mantivo un encontro coa AEPA para a avanzar na proposta de facer de Ourense “a provincia do autónomo”
Luis-menor-aepa
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, non encontro co presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), David Martínez
6 Maio 2024

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo co presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autonómos de Ourense (AEPA), David Martínez. Neste encontro avanzaron na proposta de facer de Ourense “a provincia do autónomo”, sendo así a primeira de todo o Estado en amosar a súa vontade de acoller población formada por traballadores autónomos pola forza de traballo que constitúen na provincia, sendo ademáis un sector “que nos permitiría atender as novas oportunidades que xurden no mercado laboral”, explicou Menor.

Ademais, esta idea de facer de Ourense unha provincia acolledora cos traballadores autónomos cunha xornada que sería o primeiro gran encontro deste sector a nivel nacional, coa fin de analizar as problemáticas e necesidades deste colectivo. Desde a Deputación “colaboraremos activamente na divulgación do labor dos traballadores autónomos e atenderémolos de xeito prioritario”, ratificou o presidente provincial.

A Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense (AEPA Ourense) é unha asociación dedicada a apoiar, representar e fortalecer as relacións entre os autónomos da nosa provincia. Cunha visión clara de impulsar o emprendemento local, traballamos día a día para ser o nexo entre autónomos, institucións e empresas privadas para garantir os intereses do colectivo, con especial atención no acompañamento do autónomo rural e da muller autónoma.

0.16872787475586