Máis de 1.000 familias adheríronse á campaña de compostaxe doméstica de Barbadás
A xornada de compostaxe celebrada o pasado sábado 26 de outubro en A Valenzá “consolida a aposta do Concello de Barbadás pola xestión sostible dos residuos orgánicos”, explican desde o goberno municipal.
Durante o evento, celebrado na Avenida Celanova, entregáronse composteiros e materiais de compostaxe, e as persoas asistentes tiveron acceso a información detallada sobre os beneficios da compostaxe doméstica.
O éxito entre a veciñanza desta campaña é notable. No histórico deste programa, figuran xa máis de 1.100 familias adheridas, repartidas entre aquelas que optaron polo composteiro (500) e as que se decidiron polo uso do contedor marrón (606). O primeiro é o ideal para aquelas personas que dispoñen de hortas de polo menos 50 metros cadrados, pois logo reutilizan o compost como abono. O conteder marrón está pensando para aqueles que non dispoñen de hortas ou ben habitan en contornas urbanas.
Esta iniciativa, financiada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado cos fondos da Unión Europea-NextGenerationEU, continuará durante o ano 2024 cun seguimento para garantir o correcto desenvolvemento da compostaxe en cada fogar.
A tenente alcalde e concelleira de medio ambiente de Barbadás, Victoria Morenza, cre que a aposta do actual goberno local pola reutilización dos residuos orgánicos está recollendo importantes éxito e pon como exemplo que a “intensificación da campaña para captar novas persoas interesadas se alcanzaron estas cifras, cun repunte de usuarios tanto no rural como nas zonas máis urbanas, o que redundará na disminución dos residuos que acaban no contedor verde”.