Máis de 200 escolares ourensáns participarán no programa "Todas e todos contamos"
OurenseXa
Afundación lanza unha nova edición do programa "Todas e todos contamos"
Programa
6 Feb 2024
Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, desde Afundación, a Obra Social de ABANCA, lánzase unha nova edición do programa "Todas e todos contamos" para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participa do valor da diversidade. Mañá, mércores 7 de febreiro chegará ao CPR plurilingüe la Purísima de Ourense, coa participación de máis de 100 escolares do centro. O vindeiro 19 de marzo poderán disfrutar do programa outros 130 estudantes do Colexio Marista Santa María de Ourense.