Máis de 230 escolares de Primaria dos colexios Luis Vives e Maristas celebraron esta semana o Día da Educación Física na rúa

Escolares dos colexios Luis Vives e Maristas celebraron esta semana o Día da Educación Física na rúa con diferentes actividades organizadas coa colaboración do Concello.
A concelleira de Educación, Tamara Silva, visitou a que realizaron na praza Maior máis de 230 escolares de Primaria do colexio Luis Vives, acompañados da asociación ADO, que incluíron unha sesión de taekwondo. Posteriormente, acsistiu á que se levou a cabo no Parque de San Lázaro, onde alumnado de Maristas practicou diferentes especialidades deportivas, como o baloncesto, xunto coa asociación Aspanas.
O Día da Educación Física na rúa ten como obxectivo poñer en valor a importancia da educación, a actividade física e o deporte para mellorar a saúde física e mental das persoas e como ferramentas poderosas para romper barreiras sociais, promovendo a igualdade e o respecto á diversidade. En colaboración con Special Olympics España, na edición deste ano promovéronse as actividades adaptadas e inclusivas