300 deportistas participaron esta fin de semana na XI edición de Ourense Patina

OurenseXa
A onceava edición do Ourense Patina, organizada polo club Roller Ourense, reuniu esta fin de semana arredor de 2.000 asistentes e 300 patinadores e patinadoras no pavillón dos Remedios
XI edición de Ourense Patina
3 Xuño 2024

Trescentos patinadores e patinadoras déronse cita esta fin de semana no Pavillón dos Remedios na XI edición de Ourense Patina, organizada polo club Roller Ourense.

O evento contou con arredor de 2.000 asistentes que gozaron dun espectáculo de patinaxe que xa se consolida como unha cita de referencia deste deporte en Ourense e no que o xurado entregou 12 trofeos.

Ao evento, que conta coa colaboración de Deputación de Ourense, asistiu o director da área de Deportes da Deputación, Marcos Vázquez, que participou na entrega de medallas.

0.089789867401123