Manuel Pardo pon en valor o labor da Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense

OurenseXa
O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense foron 12 as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que recibiron achegas por un valor total de preto de 221.000 euros
Manuel Pardo visita a Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense
6 Jul 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou a sede da Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense, unha das 12 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres especialmente vulnerables, que resultou beneficiaria con case 25.000 euros. No total da provincia foron 12 as entidades que recibiron achegas por un valor total de preto de 221.000 euros.

O delegado territorial, despois de percorrer as súas instalacións, mantivo un encontro coa súa presidenta, María Elena Paz, onde falaron do programa Apoiando na Soidade, que están a desenvolver dende hai sete anos co apoio da Xunta, e que está dirixido a mulleres maiores ou viúvas con escasos recursos ou problemas de saúde ou cargas familiares non compartidas.

Manuel Pardo puxo en valor este programa da asociación ourensá que brinda atención social, laboral e apoio en xeral a mulleres en risco de exclusión social, en especial as de maior idade, viúvas con escasos recursos, con problemas de saúde ou con responsabilidades familiares non compartidas.

O representante do Goberno galego subliñou, a importancia de ofrecer a este grupo de mulleres orientación e atención psicosocial para asegurar a súa integracións social e, no caso das máis novas, acompañalas mediante a orientación laboral e outras actuacións que favorezan a súa empregabilidade.

No caso das mulleres maiores, promocionar a autonomía das que viven soas resulta fundamental, a xuízo de Manuel Pardo, para previr perdas de funcións psicomotrices ou cerebrais e prestar o apoio necesario en situacións de dependencia. Non menos importante é para o delegado territorial o apoio emocional e de socialización que precisan as mulleres en especial risco de exclusión.

A Xunta considera necesario contribuír a dinamizar as asociacións de mulleres para potenciar a súa capacidade de chegar ás mulleres da súa contorna como elemento clave para avanzar na igualdade real e efectiva.

Máis de 70 asociacións, federacións e ONG de diferentes ámbitos e das catro provincias galegas resultaron beneficiarias das axudas para desenvolver programas de recursos integrais de atención de mulleres vulnerables, cun investimento por parte da Xunta de 1,8 millóns de euros.

O delegado territorial reiterou que o Goberno galego seguirá destinando fondos e programas que permitan mellorar o seu día a día e reverter aquelas situacións de vulnerabilidade que poidan sufrir.

A Asociación de Viúvas María Andrea

A Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense é unha das doce entidades que en Galicia forma parte da Federación Galega de Viúvas, cuxa presidenta e Dona Aurora Carro, á súa vez presidenta da Asociación de Viúvas de Lugo.

Esta organización naceu en Ourense no ano 1984 coa finalidade de loitar e defender os dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos, preocupándose non só pola plena igualdade senón tamén pola súa completa integración social.

Desde o ano 2016, ao abeiro dunha das ordes de axudas das que resulta beneficiada, a Asociación de Viúvas María Andrea de Ourense desenvolve o programa Apoiando na soidade, a través de que poñen a dispor de quen o precise servizos de atención psicolóxica, atención social e orientación laboral. As beneficiarias son mulleres en situación de vulnerabilidade: maiores ou viúvas, migrantes, mulleres con responsabilidades familiares non compartidas, etc.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19501900672913