Maribel Outeiriño recibe o XLII Premio Trasalba da fundación Otero Pedrayo

OurenseXa
Amoeiro acolleu este domingo a entrega do XLII Premio Trasalba, onde se presentou a obra 'Unha fada céltica' en homenaxe á xornalista galardoada, Maribel Outeiriño
Entrega do XLII Premio Trasalba
1 Xul 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu este domingo á entrega do Premio Trasalba, na que se presentou a obra 'Unha fada céltica', en homenaxe á xornalista galardoada, Maribel Outeiriño, onde participou na reunión ordinaria do Padroado da fundación Otero Pedrayo.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salientou a traxectoria profesional da galardoada nesta edición, así como o seu compromiso co Camiño de Santiago e a figura de Otero Pedrayo, a cuxa divulgación contribuíu. Fixo referencia, ademais, ao seu traballo como editora, difusora e compiladora dos artigos que o escritor ourensán publicou durante anos. Neste senso, o titular de Cultura quixo agradecer á fundación o labor de promoción que leva a cabo “ao poñer en valor un dos autores máis destacados da cultura galega”.

Antes desta entrega de galardóns, o representante da Xunta participou na reunión do Padroado da fundación na que se tiveron en conta as actividades realizadas durante o último ano e avanzaron as novas propostas entre as que se inclúen exposicións, edición de libros, xornadas instrutivas, premios de oratoria, podcast e fotografía, andainas ou visitas diversas.

0.10556292533875