Membros de ASPANAS presentan a súa función teatral ‘La verdadera Navidad’ este xoves na Peroxa

Membros da Asociación para Persoas con Discapacidade Intelectual, ASPANAS, subiranse este xoves, ás 18.00 horas, ao escenario do Auditorio Municipal da Peroxa para presentar a función teatral ‘La verdadera Navidad’.
Baixo o lema “O noso mellor regalo é compartilo contigo”, o persoal da asociación convida á veciñanza a asistir a este evento, que terá un prezo de dous euros en calidade de donativo que destinarase á propia asociación.
ASPANAS é unha asociación de persoas con discapacidade intelectual e familiares nada en 1966 que ten por obxectivo mellorar a calidade de vida dos seus membros e das súas familias, así como a integración individual e a normalización do propio entorno de estas persoas.