Miguel de Lira recibirá o premio 'RiR contigo' no VII Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia de Allariz

OurenseXa
O actor galego recibirá este galardón "en recoñecemento á súa extensa traxectoria na comedia"
Miguel de Lira
3 Ago 2024

Este 2024 será o sétimo ano consecutivo no que Allariz acollerá o Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia), unha cita centrada no humor que terá lugar entre o 1 e 7 de setembro, onde curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como espectáculos teatrais e musicais farán que os espectadores poidan gozar ao máximo deste evento. Na edición deste ano proxctaranse 35 das 291 curtametraxes de comedia recibidas pola organización.

Ademáis das curtas, o festival entregará o premio 'Rir Contigo', que se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia. Este ano, o galardón recaerá no actor galego Miguel de Lira, en recoñecemento á súa extensa traxectoria na comedia. En edicións pasadas foron premiados Carlos Blanco, Luis Davila, Xosé A. Touriñán, Isabel Risco ou Manquiña, na edición pasada.

 

 

0.09296178817749