Mobilízanse máis de 600.000 euros para cooperación con concellos da provincia de Ourense

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar, na súa sesión ordinaria desta semana, un total de 21 asuntos cos que se mobilizan 720.560,81 euros. Estes fondos están dirixidos fundamentalmente a cooperación cos concellos, aos que se destinan un total de 600.560,81 euros para mellora de infraestruturas, servizos e obras que acometerán as respectivas administracións locais.
No que atinxe á colaboración con outras entidades, aprobouse a concesión de 120.000 euros que estarán dirixidos á Asociación de Comerciantes de Celanova para axudar nas súas actividades; para a produtora Portocabo e o seu filme “+Cuñados”; e para subvencionar un torneo internacional feminino de fútbol sala organizado por Taffasports.