Mobilízanse preto de 213.000 euros en axudas á cooperación con municipios e coas ANPAS da provincia

OurenseXa
A Deputación aprobou a resolución do concurso para a concesión de subvencións a ANPAS de 21 centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros
xunta-de-goberno-deputacion-ourense
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
30 Oct 2024

A Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión semanal, vén de mobilizar un total de 212.877,63 euros en axudas á cooperación, tanto para diferentes municipios da provincia como para entidades.

Así, aprobouse a resolución do concurso para a concesión de subvencións a asociacións de pais e nais (ANPAS) de centros educativos de Ourense, por un importe de 14.877,63 euros para os 21 beneficiarios.

No que atinxe ás axudas á cooperación municipal, a Xunta de Goberno vén de destinar 198.000 euros a diferentes municipios. Estas achegas irán destinadas ao cofinanciamento do IDAE en proxectos municipais de eficiencia enerxética, para rozas, sinalizacións, acondicionamento de rúas, melloras en abastecemento, rehabilitación de edificacións e reparación de fosas sépticas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19575500488281