Nace en Toén unha asociación para poñer en valor o Entroido de Mugares

O Centro de Interpretación do Entroido de Meaba, en Toén, acollía este domingo a presentación da Asociación Cultural Entroido de Mugares, unha organización que nace co obxectivo de potenciar e poñer en valor esta importante cita cultural.
O entroido de Mugares ten máis dun siglo de tradición, aínda que descoñécese a súa orixe exacta. Unha cita marcada nos calendarios do entroido ourensán e que está considerado de con Ben Interese Turístico Provincial.