Nova xornada de protestas pola falta de prazas no IES Otero Pedrayo
Pais, nais, alumnos e profesores do CEIP Irmáns Vilar de Ourense continúan coas protestas ante a falta de prazas no seu instituto de referencia, o IES Otero Pedrayo.
Esta nova xornda de protestas prodúcese precisamente un día despois de que a deputada nacionalista, Noa Presas, elevase a queixa no Parlamento de Galicia. Desde a Xunta, sen embargo, non se comprometen a e a revisar o mapa escolar nin a dialogar cos tres CEIP adscritos ao Otero Pedrayo, polo que os 13 alumnos que quedaron sen prazas terán que desprazarse máis de 2 quilómetros para chegar a un novo instituto, diferente a o dos seus compañeiros e compañeiras. O BNG defende que "as dificultades de espazo do IES non eximen á Xunta de ser responsable por non planificar" e lembra que "xa sabían da alta demanda e da falta de espazo para crear unha liña máis e miraron a outro lado".
Baixo o lema "¡Xefatura, dimisión! Irmáns Vilar, admisión!", a ANPA continúa coas protestas. Para o luns, 27 de maio, a ANPA convoca unha manifestación que percorrerá as principais ruas da cidade a partir das 17.30 horas.