O 'Agosto Cultural' chega a Nogueira de Ramuín con preto dunha decena de actividades

O programa arrancará o 2 de agosto no Mosteiro de Santo Estevo
Cómplices
23 Jul 2024

O 'Agosto Cultural' chega a Nogueira de Ramuín con preto dunha decenta de actividades entre as que destaca o concerto do grupo 'Cómplices' que terá lugar o 11 de agosto.

A programación arrancará o 2 de agosto co espectáculo 'Danza no Claustro' e estenderase ao longo de todo mes. As actividades inclúen desde concertos ata teatro, cine, monólogos e unha festa para despedir o verán.

Programa do 'Agosto Cultural' de Nogueira de Ramuín:

  • 2 de agosto: espectáculo ‘Danza no Claustro’
  • 9 de agosto: proxección da película ‘As Bestas’
  • 10 de agosto: festa xuvenil
  • 11 de agosto: concerto de Cómplices
  • 15 de agosto: monólogo ‘Divina’ de Ledicia Sola
  • 18 de agosto: concerto de Emilio Rúa
  • 24 de agosto: festa de fin de verán
  • 30 de agosto: concerto de cámara
cartel-agosto-cultural-nogueira-de-ramuin
0.17215394973755