O alcalde de Ourense destaca o "éxito absoluto" das Festas da Ponte

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cualifica de "éxito absoluto" as festas da Ponte na honra De Santiago. Catro días de eventos musicais, desde o día 24 de xullo até o domingo 27, que congregaron a miles de persoas no barrio máis populoso da cidade.
O alcalde salienta as noites do mércores e do sábado, vésperas de festivo, por seren as que máis xente congregaron: “Máis de 5000 persoas en dous eventos simultáneos, orquestra e Dj”, destacou o alcalde. As festas da Ponte foron organizadas coa colaboración do Concello de Ourense.