O alumnado da Escola Municipal de Música de Allariz actuará na Casa da Cultura
									OurenseXa								
			O concerto terá lugar este xoves, 20 de febreiro
 					
					
17 Feb 2025
			
				Os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Allariz subiranse ao escenario da Casa da Cultura para amosar o seu talento ante a veciñanza do municipio.
Os rapaces e rapazas darán un concerto este xoves, 20 de febreiro, no que tocarán algúns dos temas aprendidos durante o curso académico. A cita arrancará ás 19.00 horas e dende o concello convidan á veciñanza a asistir e “desfrutar do talento do alumando da Escola Municipal de Música”.