O alumnado do campus de Ourense desenvolveu un proxecto educativo centrado na música en 21 escolas de todo o territorio galego

OurenseXa
O proxecto estivo dirixido a nenos e nenas de segundo ciclo de Educación Infantil así como para os pequenos das escolas infantís
campus-musicaa-escolas-ourense
31 Jan 2026

O alumnado do Grao de Educación Infantil do campus de Ourense vén de rematar un proxecto que permitiu a achegar este curso académico a música a 21 centros educativos e escolas infantís da xeografía galega.

A valoración desta inciativa, apuntan dende a UVigo, é moi positiva, e estivo centrada na realización de secuencias didácticas interdisciplinares e sesións de música en centros educativos nos que se imparte o segundo ciclo de Educación Infantil (de tres-seis anos) así como en escolas infantís (para bebés de 0 a 3 anos de idade).
O proxecto xurdiu no marco da materia Expresión Musical e a súa Didáctica, impartida e coordinada pola profesora Lucía Casal na Facultade de Educación e Traballo Social, e estivo coordinada desde a Área de Didáctica da Expresión Musical.

O alumnado universitario afrontou o reto de deseñar sesións sobre esas temáticas para reforzar, a través da música, os contidos que se ían traballar na aula. “Tratouse, polo tanto, de usar a música como fío condutor de sesións con centros de interese tan diversos como os xogos olímpicos (CEIP As Mercedes), a alimentación saudable (Colexio Plurilingüe San José-Josefinas), o espazo Valentina Tereshkova (CEIP Curros Enríquez), as emocións (CEIP Manuel Sueiro) ou a arte e Piet Mondrian-Yayoi Kusama (CEIP Mestre Vide), por citar algúns exemplos”, explica Lucía Casal.

As escolas infantís que participaron foron as A Galiña Azul de Toén, Pereiro de Aguiar e Coles (coas que xa se viña desenvolvendo unha colaboración a través do proxecto MúsiCA(c)TIVA dende o ano 2023), ás que se lle sumaron as escolas infantís Concepción Saiz Otero, Galiña Azul da Rúa Colón, A Casiña, Lazos, Mary Poppins, Bule-Bule e as viguesas Bembrive e Los Olivos.

⚙ Configurar cookies
0.082478046417236