O alumnado do CEE Manuel López Navalón foi o encargado de deseñar os galardóns do XIX Festival Internacional Rebulir

OurenseXa
Elaboraron as estatuíñas e agasallos de cerámica que se entregarán como galardón dos Premios Rebulir da Cultura Galega
Alumnado do CEE Manuel López Navalón
Alumnado do CEE Manuel López Navalón
10 Dec 2024

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou esta mañá aos alumnos dos programas formativos básicos de Carpintaría, Cerámica e Costura do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón que elaboraron as estatuíñas e agasallos de cerámica que se entregarán como galardón dos Premios Rebulir da Cultura Galega. Ademais de alumnos e docentes do centro, participou tamén no acto o director do festival, Alexandre Sotelino.

A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor a dedicación do alumnado e profesorado do centro na elaboración dos premios. “Estas pezas demostran a capacidade de traballo e o talento do alumnado con diversidade funcional”, destacou.

O Centro de Educación Especial Manuel López Navalón e o Festival Internacional Rebulir colaboran desde 2019 na creación das estatuíñas que se entregan na gala anual do festival. Esta iniciativa busca non só enriquecer o festival, senón tamén promover a participación activa do alumnado nun proxecto cultural de grande relevancia, fomentando a súa creatividade e habilidades artesanais. A entrega oficial destas pezas converteuse nunha tradición que reforza os vínculos entre o ámbito educativo e o cultural en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.32846784591675