O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o III Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares

OurenseXa
O obxectivo desta iniciativa é axudar a todos os pacientes de cancro na súa loita, así como ás súas familias
Gala Contra o Cancro, Auditorio Muncipal de Ourense
Gala Contra o Cancro, Auditorio Muncipal de Ourense
6 Out 2024

A Asociación Española Contra o Cancro organiza no Auditorio Municipal de Ourense o II Congreso Galego de Persoas con Cancro e Familiares, que terá lugar 8 e 9 de novembro no Auditorio Municipal de Ourense.

Dende a AECC explican que este será un espazo para compartir, aprender e vivir o día a día da enfermidade a través de distintos talleres. O primeiro deles, titulado 'Coidarse con exercicio' será impartido por Inés López Simón, fisioterapeuta da Asociación Española Contra o Cancro. Ademais, haberá distintas mesas e rondas e conferencias onde os participantes compartirán as súas experiencias.

O congreso, explican dende a organización, está enfocado cara a humanización dos coidados, poñendo especial atención no papel fundamental do coidador e destacando a importancia do trato humano e próximo en cada etapa do proceso. O obxectivo desta iniciativa é axudar a todos os pacientes de cancro na súa loita e ofrecer ás persoas con cancro e os seus familiares un espazo de intercambio de experiencias e información. Ademais, preténdese contribuír á normalización do cancro, evitando o estigma e promovendo un diálogo aberto e sincero sobre a enfermidade.

0.17273998260498