O Auditorio Municipal de Ourense prepárase para acoller un tributo a Dire Straits

OurenseXa
O grupo Alchemy Project subirase ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense o sábado 11 de maio co seu concerto homenaxe á mítica banda de rock británica
alchenemy-project
Alchemy Project, tributo a Dire Straits
22 Abr 2024

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o sábado 11 de maio, ás 21.00 horas, un concerto homeaxe á mítica banda de rock británica, Dire Strairs, da man do grupo Alchemy Project.

Alchemy Project, leva aos escenarios con exquisita fidelidade de son, instrumentación e escenografía, o que é considerado como un dos directos máis relevantes da historia do Rock, "Alchemy de Dire Straits", gravado no Hammersmith Odeon de Londres en 1983, e que será a delicia de todo fan de Dire Straits, e dos amantes do Rock en xeral, cuxa grandeza e virtuosismo reside en que foi gravado tras unha xira de 240 concertos por todo o mundo e no máximo apoxeo da mítica banda inglesa.

0.055769920349121