O BNG acadou o acordo unánime do pleno da Deputación de Ourense en defensa do idioma galego

O portavoz do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, quixo manifestar o seu agradecemento polo apoio unánime de todos os partidos na Deputación ao acordo acadado en torno a defensa do galego a iniciativa dos nacionalistas no ente provincial
O acordo partiu do recoñecemento de todos os grupos políticos con representación na Deputación de Ourense da existencia dun grave problema coa lingua galega e conqueriuse tras unha proposta do Partido Popular que mantiña toda as liñas de traballo fundamentais propostas polo Bloque Nacionalista Galego.
O Pleno acadou un acordo para que os servizos de Normalización Lingüística nos concellos de entre 5.000 e 2.0000 habitantes poidan traballar con un respaldo económico e cunha trasversalidade a todas as áreas, así como que os concellos pequenos.
Desde o grupo nacionalista agradecen a sensibilidade de todos os partidos políticos polo apoio; “a lingua singularízanos como pobo e máis aló do carácter identitario tamén ten un importante pouso, que recibimos dos nosos antergos e debemos legar a futuro para empregala en pé de igualdade co resto de linguas do mundo” manifestaba o voceiro nacionalista.