O BNG demanda a construción dun Instituto de Educación Secundaria en Barbadás

OurenseXa
Xosé Manuel Puga: “ o concello de Barbadás é o único concello de Galiza de máis de 10.000 habitantes que carece dun IES”
Serafín Núñez, Xose Manuel Puga, Nuria Feijoo
Serafín Núñez, Xose Manuel Puga e Nuria Feijoo, BNG de Barbadás
24 Jun 2024

O deputado provincial do BNG, Xosé Manuel Puga xunto ao Serafín Núñez, voceiro municipal do concello de Barbadás e Nuria Feijoo, concelleira do BNG de Barbadás, compareceron ante os medios de comunicación para trasladar as iniciativas que o BNG presenta no Pleno Provincial do mes de xuño e no vindeiro pleno ordinario do concello de Barbadás para promover a construción dun IES (Instituto de Educación Secundaria) no concello de Barbadás.

Os nacionalistas demandarán no pleno provincial que se esixa da Xunta de Galiza que nos orzamentos de 2005 figuren as partidas acaídas para acometer a realización do proxecto de construción do instituto de Barbadás. E ante o novo espazo dispoñible no IES Ferro Couselo que a Xunta programe novos usos públicos, de ser o caso, para o cento IES Ferro Couselo tendo en conta que a maior parte do Alumnado deste centro reside en Barbadás.

Os cargos institucionais do BNG sinalaban como o concello de Barbadás con máis 11.000 habitantes é un dos concellos de Galiza que maior incremento poboacional tivo ao longo dos últimos 20 anos. Poren o concello de Barbadás é o único concello de máis de 10.000 habitantes que carece dun Instituto de Educación Secundaria.

Desde fai 25 anos o BNG leva demandando, tanto no concello de Barbadás como a través de diversas iniciativas no Parlamento de Galiza, a construción dun instituto no concello, porén a resposta da Xunta sempre foi que o centro de referencia era o Ferro Couselo e mentres houbera prazas libres non tiña sentido facer un novo en Barbadás.

Porén no 2022 nunha visita do conselleiro de Educación cursaba ás obras de ampliación do instituto Ferro Couselo, afirmaba que o concello de Barbadás era o concello de toda Galiza que maior medre de nenos e nenas tiña, e isto servía para xustificar a ampliación do Ferro Couselo. Nas mesmas datas a consellería de Educación responsabilizaba ao concello de Barbadás de non poñer a disposición dela os terreos precisos para a súa construción.

O voceiro nacionalista de Barbadás afirmou que será no pleno de xullo de Barbadás onde se podrá comprobar se o actual equipo de goberno municipal segue apoiando a demanda do BNG, ou xa non, como os nacionalista consideran que é o caso, tras participar o alcalde de Barbadás na inauguración das instalacións do Ferro Couselo.

Para o BNG o feito de non contar cun IES dentro do propio municipio supón unha eiva que lastra e dificulta o asentamento de poboación a medio e longo prazo, e que pode mesmo chegar a xerar desarraigo na propia mocidade que ve como diariamente se ten que desprazar a un concello limítrofe, ao tempo que supón un custe engadido tanto para as familias como para as arcas do propio concello xa que actualmente este asume o custe do trasporte ao IES Ferro Couselo, na cidade de Ourense e instituto de referencia para a mocidade Bardadesa.

0.171217918396