O CEIP Irmáns Villar protesta ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo

OurenseXa
Nais, pais e profesores do centro concentráronse a primeira hora desta mañá nas portas do IES Irmáns Villar para esixir solucións ante a falta de prazas para o vindeiro curso
anpa-irmans-villar-protestas
O CEIP Irmáns Villar protesta ante a falta de prazas no IES Otero Pedrayo
13 Maio 2024

A ANPA do CEIP Irmáns Villar continúa as súas protestas logo de coñecerse que un total de 13 alumnos de sexto de Primaria (11 pertencentes a este centro) quedarán sen praza para o vindeiro curso no IES Otero Pedrayo.

Nais, pais  e profesores do centro concentráronse a primeira hora desta mañá nas portas do Colexio para criticar a falta de planificación da Xefatura Territorial de Educación e esixir solucións para que os rapaces e rapazas non queden fora do centro que lles corresponde para comezar os seus estudos de bacharelato.

Baixo o lema "¡Xefatura, dimisión! Irmáns Vilar, admisión!", a ANPA continúa coas protestas, que seguirán producíndose ao longo dos vindeiros días. Para o mércores, 15 de maio, está prevista unha manifestación que sairá dende o CEIP Irmáns Vilar ata o IES Otero Pedrayo, mentres que o martes, 21 de maio, volverá a haber unha concentración na porta do colexio.

Pola sua banda, o venres, 24 de maio, está prevista outra concentración, esta vez fronte a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense.

O prato forte espérase para o luns, 27 de maio, cando a ANPA convoca unha manifestación que percorrerá as principais ruas da cidade a partir das 17.30 horas.

Ata a data, a Asociación de Nais e Pais do CEIP Irmáns Villar recolleu un total de 2.399 sinaturas para reclamar que os alumnos do centro non queden sen prazas no centro adscrito para o curso 2024-2025.

 

 

 

0.19596314430237