O Cented xogará a próxima tempada en Rexional Preferente
OurenseXa
A plantilla do Cented foi recibida polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo de alcanzar o ascenso a Rexional Preferente
5 Xuño 2024
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o tenente de alcalde, Aníbal Pereira, recibiron onte á tarde no salón de plenos do Concello o Cented, equipo de fútbol ourensán que esta fin de semana acadou o ascenso de categoría e participará a próxima temporada en Rexional Preferente tras unha victoria ante o Nogueira.
O alcalde e o tenente de alcade felicitaron a xogadores, directiva e corpo técnico polos excelentes resultados deportivos desta temporada e lles trasladaron a vontade do Concello de seguir colaborando no futuro co equipo de fútbol ourensán.