O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle un coloquio sobre Virxilio con motivo do seu centenario

OurenseXa
Persoas achegadas ao pintor ourensá e profesionais da arte compartirán miradas sobre o seu legado
as-favoritas-de-virxilio-cartel
Cartel "As favoritas de Virxilio"
6 May 2025

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle este martes ás 19.15 horas un coloquio sobre Virxilio con motivo do seu centenario, onde persoas achegadas e profesionais da arte compartirán a súa mirada sobre o legado do artista ourensán.

A cita, titulada “As favoritas de Virxilio” será moderada polo xornalista Juan Maceiras e contará coa presenza de Camilo Franco, comisario de exposicións, xornalista e amigo, Manuel Buciños, escultor e amigo, integrante do grupo dos “Artistiñas”, Maribel Outeiriño, xornalista e amiga, e Eva Torres, xestora de espazos expositivos e estudosa da súa obra.

Cen anos do nacemento do artista

Con motivo do seu centenario, o Centro Cultural Marcos Valcárcel está a acoller a exposición ‘Virxilio inédito’, conformada por un centenar de pezas nunca antes expostas, incluíndo dúas vitrinas con debuxos, apuntes e pequenos traballos en papel.

Entre a escolma, poden atoparse as súas clásicas referencias aos retratos de escenas musicais, as súas estancias en Alemaña e as paisaxes. Tamén hai un espazo dedicado ao seu traballo como cartelista, con proxectos como os carteis das festas de Ourense, das Xornadas de Folclore, do Magosto, do Entroido ou para a Dirección Xeral de Tráfico.

A mostra complétase cun catálogo que leva textos de José María Pérez Alvarez (Chesi) e Xosé Manoel Rodríguez, que acomete una breve biografía de Virxilio. A mostra estará aberta ao público ata o próximo 11 de maio

⚙ Configurar cookies
0.14678692817688