O Centro Dramático Galego levará o seu espectáculo 'De Vilatriste a Vilalegre' ao Concello de A Peroxa

OurenseXa
A función terá lugar este sábado, 22 de xuño, ás 20.30 horas, na Praza do Concello de A Peroxa
Imaxe do espectáculo 'De Vilatrsite a Vilalegre'
18 Xuño 2024

A Praza do Concello de A Peroxa será o escenario do espectáculo 'De Vilatriste a Vilalegre', unha producción do Centro Dramático Galego en colaboración con Teatro ó Cubo. A función terá lugar o vindeiro sábado, 22 de xuño, ás 20.30 horas e a entrada será de balde.

Sinopse

Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

0.17813491821289