O CGIFP Eduardo Barreiros contará cun espazo de alta especialización en ciberseguridade

OurenseXa
O Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros buscará conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i
CGIFP Eduardo Barreiros
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o xefe de área de Infraestruturas e seguridade de Amtega, Adrian Lence, nunha xuntanza CGIFP Eduardo Barreiros
13 Jun 2024

A Xunta vai dotar o Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros dun espazo de alta especialización en ciberseguridade dotado coas últimas tecnoloxías e o equipamento necesario para conseguir a máis alta formación e especialización do profesorado e a xeración de proxectos de I+D+i que sexan de transferencia directa ás empresas e institucións.

Así o acordaron a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o xefe de área de Infraestruturas e seguridade de Amtega, Adrian Lence, nunha xuntanza de traballo mantida nas instalacións deste centro, en Ourense, coa finalidade de buscar sinerxías neste eido, que constitúe un dos obxectivos estratéxicos tanto das administracións como das empresas. Precisamente, o Centro Eduardo Barreiros ten entre as súas funcións o desenvolvemento da investigación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos ao resto dos centros de Formación Profesional e ao conxunto dos sectores produtivos.

O seu obxectivo primordial é protexer os sistemas tecnolóxicos e os datos privados contidos nos mesmos fronte a calquera tipo de ameaza. Por esta razón, hoxe en día, o papel que desempeña a ciberseguridade na sociedade é sumamente relevante xa que achega ferramentas e mecanismos que permiten aumentar a confianza e seguridade no ámbito dixital, retador, global e interconectado actual.

Másteres de ciberseguridade

Para o vindeiro curso 2024-2025, a oferta de Formación Profesional inclúe 14 másters de FP en materia de ciberseguridade, nove en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e cinco en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da operación. Isto supón un reforzo da oferta coa ampliación de 190 prazas máis neste eido, o que representa un incremento do 135,71 % con respecto ao presente curso.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18308091163635