O Claustro Barroco de Celanova acollerá este sábado a XVII Cea-Baile de Comadres

OurenseXa
As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata este xoves, 20 de febreiro
cea-comadres-celanova
Cea de Comadres, Celanova
19 Feb 2025

A Asociación de Comadres de Celanova, en colaboración co Concello de Celanova, organizan este sábado, 22 de febreiro, a XVII Cea-Baile de Comadres, que terá lugar no Claustro Barroco de Celanova.

O evento arrancará ás 22.00 horas e está dirixido a mulleres, que deberán ir disfrazadas. A festa estará animada pola música do trío 3.Com e a charanga Europa. Previamente, a partir das 19.30 horas, haberá un pasarrúas a cargo da escola de batucada Vilatuke. O menú da cena, cun prezo de 35 euros incluirá entrantes, cocido, postre, café e chupitos, e contarase tamén cun menú infantil. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata este xoves, 20 de febreiro, a través dos teléfonos 988 432 020 ou 600 686 385.

Dende a organización informan de que os homes tamén poderán acudir, a partir das 00.30 horas, sempre e cando vaian disfrazados. Ademais, as mulleres que non queiran asistir á cena pero si á festa tamén poderán facelo. Para ambos casos, o prezo da entrada será de 5 euros.

⚙ Configurar cookies
0.1655638217926