O Concello da Bola entregou os premios do Concurso de Decoración de Pobos

OurenseXa
O primeiro premio recaeu no pobo de Cerdal, mentres que o segundo foi para Outeiro de Santabaia e o terceiro para Campo de Sorga
concurso-decoracion-nadal-a-bola
28 Dec 2025

O Concello da Bola celebrou esta semana a entrega de premios do Concurso de Decoración de Pobos, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e o espírito do Nadal nas distintas localidades do municipio.

O concurso, destacan desde o consistorio, contou cunha alta participación e cun nivel moi competitivo, o que dificultou a decisión do xurado. Desde o Concello salientan o esforzo e a implicación de todas as persoas participantes, que contribuíron a encher os pobos de ambiente do Nadal, e felicitan a todos e todas polo seu esforzo e creatividade.

O primeiro premio recaeu no pobo de Cerdal, mentres que o segundo foi para Outeiro de Santabaia e o terceiro para Campo de Sorga.

0.1205530166626