O Concello da Peroxa impulsa a creación dunha residencia para maiores en Os Peares

OurenseXa
A nova infraestrutura contará con 59 prazas e suporá un investimento total de máis de 3,3 millóns de euros
foto_arquivo_paro_desemprego
3 Jan 2025

O Concello da Peroxa vén de sacar a licitación o proxecto para a construción e xestión dunha residencia da terceira idade na localidade de Os Peares. A infraestrutura contará cun total de 59 prazas e busca ofrecer unha resposta á crecente demanda de servizos para maiores na comarca.

O proxecto, que inclúe a redacción, dirección facultativa, construción, equipamento e xestión da residencia, conta cun investimento total de 3.305.984,50 euros con IVA. O financiamento está garantido grazas ás achegas da Xunta de Galicia (1.200.000 euros), da Deputación Provincial de Ourense (250.000 euros) e da empresa adxudicataria do contrato.

O prazo para a presentación de ofertas iniciou o pasado 31 de decembro de 2024. Todas as empresas interesadas poden acceder á documentación e condicións do proceso a través da plataforma oficial de contratación.

Esta iniciativa representa un importante avance no reforzo dos servizos sociais no municipio e contribuirá ao benestar da poboación maior da zona.

0.077316045761108