O Concello de Esgos organiza este domingo a segunda edición do Mercadillo Veciñal
OurenseXa
O Mercadillo Veciñal levarase a cabo na praza de Saa e na Praza do Afiador entre as 11:00 e as 19:00 horas deste domingo, 2 de xuño
2 Xuño 2024
O Concello de Esgos festexa este domingo, 2 de xuño, a segunda edición do Mercadillo Veciñal, unha iniciativa que ten como fin promover o mercado de segunda man entre a veciñanza, fomentando así a economía circular no municipio.
Os postos estarán abertos ao público entre as 11.00 e as 19.00 horas e instalaranse na praza de Saa e na Praza do Afiador.
O Mercadillo está destinado exclusivamente aos veciños e veciñas do Concello de Esgos, e non se realizará actividade comercial durante a xornada, senón que a veciñanza poderá intercambiar os obxectos usados entre particulares. O obxectivo desta iniciativa é que os artigos sexan intercambiados por outros, ou vendidos por prezos módicos ou simbólicos e inferiores ao prezo de adquisición.