O Concello de Ourense acepta convocar o Consello Municipal de Servizos Sociais a instancia do PSdeG

OurenseXa
Ademais, o Goberno local acepta activar un rueiro feminino na cidade
Concello-Ourense-recurso
Concello de Ourense
18 Mar 2025

Durante as Xuntas de Área que tiveron lugar esta mañá no Concello de Ourense as socialistas confirmaron que o executivo local convocará, finalmente, o Consello Municipal de Servizos Sociais (CMSS) tal e como levan demandado dende o grupo do PSdeG apoiando os reclamos das entidades do terceiro sector.

Tanto é así que, a semana pasada, as e os socialistas rexistraban, da man da deputada no Parlamento de Galicia Carmen Rodríguez Dacosta, unha batería de iniciativas ante a pasividade do goberno de Gonzalo Pérez Jácome fronte á petición da reunión deste órgano consultivo e de información que as asociacións da cidade viñan presentando por rexistro dende finais do mes de xaneiro.

“Solicitamos tamén aumentar as prazas de conciliación do Programa Coeduca en periodos non lectivos como son aSemana Santa, a época estival e o Nadal e que doten de persoal ao Centro de Información Municipal á Muller (CIMM)de maneira urxente para dar resposta a todas as usuarias e usuarios que o precisan”, explica a voceira do grupo do PSdeG, Natalia González Benéitez, sobre algunhas das propostas realizadas na Xunta de Área de Servizos Sociais.
Ademais, trasladaron ao executivo de DO a necesidade de elaborar e poñer en marcha un plan de choque para redoblar a atención ante o incremento de persoas sen teito nos últimos tempos nas rúas da cidade. “Debería de tratarse dunha prioridade social para calquera executivo municipal e máis, se cabe, nunha urbe como a nosa con temperaturas extremas tanto en inverno como en verán”, argumenta a tamén secretaria xeral do PSOE en Ourense.

Por outra banda, confirmaron as socialistas que a Subdelegación do Goberno impulsará a petición realizada dende o Concello para colocar unha praca adicada ás irmás Touza na estación ferroviaria Ourense-Empalme -aludindo ao seu inmenso e incalculabe labor salvando a vítimas do holocausto- e nomear a estación metereolóxica en honor a Antonia Ferrín Moreiras -matemática, profesora e primeira astrónoma galega nada na nosa urbe-.

“As decisions do CMSS e o rueiro feminino responden a demandas socialistas que se suman á modificación das bases de libros e comedor 2025/26 que agora mesmo se atopan a informe de intervención, e que se conseguiron pola insistencia permanente e o traballo de fiscalización levado a cabo tanto nas Xuntas de Área como nos plenos municipais”, remata a voceira do PSdeG.

⚙ Configurar cookies
0.10963702201843