O Concello de Ourense instalará pantallas para a final da Eurocopa 2024
OurenseXa
Ourense contará con dúas pantallas xigantes para ver a final da Eurocopa 2024 que terá lugar este domingo
11 Xul 2024
O Concello de Ourense instalará pantallas xigantes na Praza Maior e na Praza de Santa Eufemia para que o público ourensán poida presenciar a final do Campionato de Europa de Fútbol, que disputarán o domingo, 14 de xullo, ás 21.00 horas as seleccións de España e Inglaterra.